domingo, 24 de abril de 2016

Riiitmo




CAMPO REDONDO unha maña calqueira de poda.


 As horas non me dan, non sei que pasa, pero non consigo ir o día no tocante a comunicación. Sospeito que esta teima que teño en que o proxecto saia a diante, ten moito que ver, mais alá do enriquecedor, e placenteiro que  o meu traballo como labrego é. Levo 16 anos traballando nas viñas, 8 facendo viño, os mellores Mestres , André, Fukuoka,  Sevio,  Paco Rego,  Xosé Manuel, Pepe, algúns acertos, moitas derrotas,  moitísimas axudas cómplices, hostia, e das boas, non se pode dicir que vaia o chou, o que saia. Mais a viticultura e complexa, caprichosa, cada ano e diferente, cada caste e diferente, cada chan e moi diferente, cada luz (orientación), e moi, moi diferente, cada un dos vales da A Arnoia son diferentes, durante o ano vitícola o meu estado de animo pode ser moi diferente xa entre días , pois todos estes factores, mais 148  que aínda non controlo, son os que a día de hoxe xa son capaz de percibir, canto mais factores percibas, mellores uvas, canto mellor sexan as uvas, mellores viños, que sinxelo.

Isto e elejansia

Poda,  ata, facer pes, cortes de herba , pase de ganchos, reenxertas….. sinto moito, pero teño que condensar uns bonitos meses de traballo nunha soa entrada no blog.  A día de hoxe ,  e co ano tan chuvioso que levamos , temos dúas instantáneas ben diferentes. Nas viñas que se podaron na última Lúa de Decembro e Xaneiro, brotacións espectaculares, no resto, que colleron os fríos de Febreiro e Marzo agromadas maís pausadas e menos uniformes. A campaña esta lanzada, costa abaixo e sen freos, isto non para ate Setembro.

 Ferrol, Carabuñeira e Caíño Bravo no Fexaco, van.... rápidas.


Las horas no me dan, no sé que pasa, pero no consigo ir al día en lo tocante a la comunicación. Sospecho que esta terquedad que tengo en que este proyecto salga  adelante tiene mucho que ver, más allá de lo enriquecedor y placentero que me resulta mi trabajo como agricultor. Llevo 16 años trabajando en las viñas, 8 haciendo vino, los mejores Maestros, André, Fukuoka, Sevio, Paco Rego, Xose Manuel, Pepe, algunos aciertos, muchas derrotas, muchísimas ayudas cómplices, hostia y de las buenas, no se puede decir que vaya a tientas, a lo que salga. Pero la viticultura es compleja, caprichosa, cada año es diferente, cada variedad es diferente, cada suelo es muy diferente, cada luz (orientación)es muy, muy diferente , cada uno de los valles de A Arnoia son diferentes, durante el año vitícola, mi estado de ánimo puede ser muy diferente incluso entre días, pues todos estos factores, mas 148 que aun no controlo, son los que a día de hoy soy capaz de percibir, cuanto más factores percibas, mejores uvas, cuanto mejor sean las uvas, mejores vinos, que fácil.

Cortes de herba e pes feitos na maioria das viñas. Lado no Fexaco


Poda, ata, hacer los pies de las cepas, cortes de hierba, pase de ganchos, reinjertas…. Lo siento ,  pero tengo que condensar unos bonitos meses de trabajo , en una sola entrada en el blog. A día de hoy , y con el año tan lluvioso que llevamos, tenemos dos instantáneas bien diferentes, en las viñas que se podaron en la última luna de Diciembre y Enero, brotaciones espectaculares, en el resto, que sufrieron los fríos de Febrero y Marzo, brotación mas pausada y no tan uniforme. La campaña está lanzada, cuesta abajo y sin frenos, parada en Septiembre.

CAIÑO DA TERRA
Socalcos na Ladeira de Joán

ESPADEIRO nun dos socalcos de Joán.
Rá ou sapo, non sei, en Firvidelas, Val de San Vicente, dinlle un bico e insultoume(le di un beso y me insulto).

Nos socalcos de Joán, no Fexaco, Val de San Amaro, quedounos un de eles sen enxertar o ano pasado, pois xa esta listo, nel enxertamos maís Espadeiro.


Aumentamos viñas no Fexaco e xa reenxertamos dúas de elas, neste caso unha aposta polo Caiño Longo.
Tremendos pés de mais de 80 anos
Quen fora peixe
Obreiro encargado de despertar os gromos(yemas)
 Ensaios e experiencias, nova plantación de castes tintas en patrón directo baixo a atenta mirada da culebrilla.

Lado en Firvidelas.

Grilos de campeonato, Treixadura en Firvidelas
Cepas vellas de Lado no Curro, cumprín o meu propósito, fixenlle os pes a todas elas, e a maneira de mostrarlles gratitude despois das magníficas uvas que criaron o pasado 2015.

1 comentario:

  1. Magníficos companheiros de fatiga. Ánimo Bernardo agora comença o melhor!!!

    ResponderEliminar