domingo, 19 de abril de 2015

A culpa



Non puido ser, o programa de traballos que tiña preparado ate a chegada da Primavera non fun capaz de rematalo, os socalcos que tiña previsto plantar no Curro e no Fexaco, quedaron a espera do próximo ano. E a culpa  a ten unha nova viña que acaba de pasar a formar parte do meu pequeno proxecto, tres preciosos socalcos  de viña vella no Fexaco, xusto a carón das miñas. Non foi fácil o dar o paso cara adquirilas aínda que o interese pola miña parte era moito, pero o excelente estado dos pes destas vellas cepas , acabaron por dar o empurrón definitivo. Viña plantada no ano 1938, en portaenxertos  como o Jaque e Aramón, ca variedade , como non, Palomino e algunha Treixadura. No mesmo día que a comprei, xa estaba vendo nela, vellas cepas de Castes Tintas esquecidas, i esí a de ser. En tempo case record podei, mobilicei o chan , aporteille toxo compostado e preparado 500 como arrinque cara a recuperación da vida do solo, e reenxertamos. Forón 3 días de reenxerta con bastante bo tempo acompañando a Paco ,empezamos polas viñas dos Vidueiros e rematamos no Fexaco. Estou cansado, pero moi ledo.




No pudo ser, el programa de trabajos que tenía preparado hasta la llegada de la Primavera no pudo llegar a completarse, los bancales que tenía previsto plantar en O Curro  y Fexaco quedaron a la espera del próximo año. La culpa, una nueva viña que acaba de pasar a formar parte de mi pequeño proyecto, tres preciosos  bancales de viña vieja en el Fexaco, justo al lado de las mías. No fue fácil dar el paso para adquirirlas aunque el interés por mi parte era mucho, pero el excelente estado de los porta injertos de sus viejas cepas acabaron por dar le empujón definitivo. Viña plantada en el año 1938, en porta injertos  Jaque y Aramón, con las variedades  Palomino y alguna Treixadura. El mismo día que la compre ya estaba viendo en ella viejas cepas de variedades tintas  olvidadas, y así será. En tiempo record las pode, movilice el suelo , le aporte tojo compostado y preparado 500 en la búsqueda de una buena recuperación de la vida del suelo, y reinjertamos. Fueron 3 días de reinjerta con bastante buen tiempo acompañando a Paco, empezamos por las viñas de los Vidueiros y finalizamos en el Fexaco. Estoy cansado, pero contento.






Este socalco, o da cima, quedou para o ano que ven, e para non perder o costume da reenxerta.


Iste foi un dos motivos polos que decidín mercar a viña, pese a ter mais de 76 anos a grande maioria dos pes están perfectos.

Este fué uno de los motivos por los que decidí adquirir esta viña, pese a tener mas de 76 años la gran maioria de los portainjertos estaban perfectos.



                       Primeiro dos socalcos, eiqui enxertamos Espadeiro


Segundo dos socalcos que se compón de dúas alturas, nestas 4 filas, Tinto Serodio, o fondo agochado detras dos postes de pedra, pequeno bancal de Corbillón ( Cascón)

Paco, en plena intervención, sinceiramente, e un maestro.

 Deume pena non inxertar o último dos socalcos, pero ia ser demasiado atender tantos enxertos de unha vez durante o ano.

Me dio pena no injertar el último de los bancales, pero sería demasiado trabajo atender tanto injerto de una vez durante el año. 



 Agora estamos nos Vidueiros, mirando cara o Sur, neste primeiro bancal, o maís alto, Caiño Longo, no de abaixo, Caiño Redondo.

 Os Vidueiros de abaixo, eiqui novamente Espadeiro.