lunes, 23 de marzo de 2015

Xusto a tempo



Xusto a tempo, non me sobrou nin tan  sequera unha tarde, estes últimos 25 días mais que traballar estívenme explotando. Cando planifiquei os traballos de Inverno para este ano 2015 ,tratei de axustar algunhas das  cousas do programa de traballo da pasada campaña 2014, non cumpre recordar que levamos dúas colleitas moi malas en canto a cantidade, o tempo meteorolóxico xogou sempre na nosa contra, e estes axustes tiñan que ver sobor de todo ca poda e ca necesidade de retrasala o máximo posible. As floracións están sendo polo xeral moi irregulares, as choivas e fríos produciron nestas dúas últimas campañas que a colleita potencial despois da floración sexa moi o limite,  e dicir non temos case marxe para perdidas, que de seguro sempre se manifestan.  A poda planifiqueina coma sempre cas Lúas, e xogando tamén cos ciclos vexetativos das 17 castes que neste momento traballo, moi pouca poda en Xaneiro, e deixando o groso  das podas para Febreiro e Marzo, tratando de chegar as floracións con un tempo climático suave e con boa luz. Necesito arrincar con colleitas potencias despois de floración de aló menos 5000 kg por hectárea, para que na época de rebaixas ,sexan rebaixas e non liquidacións e poder quedar preto dos 4000 kg por hect. Pero todo ia mais ou menos ben , co tempo moi xusto pero tudo controlado, ate que entramos nos últimos días de Febreiro con temperaturas nas tardes por encima de 25º c. Entráronme as presas, vía día a día como inchaban as xemas, e a metade da poda sen  facer . Entón tocou correr, pero felizmente, como di  o André, foi todo dereitiño, onte  rematei a rodriga (ata), xa podo pensar en empezar a cortar herba e facer os traballos do chan.


Justo a tiempo, no me sobro ni tan siquiera una tarde, estes últimos 25 días mas que trabajar me estuve explotando. Cuando planifique los trabajos de Invierno para este año 2015, trate de ajustar algunas de las cosas del  trabajo de la pasada campaña 2014, no hace falta recordar que llevamos dos cosechas muy malas en cuanto a cantidad, el tiempo meteorológico jugo siempre en nuestra contra, y estes ajustes tenían que ver sobre todo con la poda , y la necesidad de retrasarla lo máximo posible. Las floraciones están siendo  por lo general  muy irregulares, las lluvias y fríos provocaron que las dos últimas cosechas en cuanto a su  potencial después de la floración este muy al límite, es decir , no tenemos casi margen para perdidas, que seguro se van a producir. La poda la planifique como siempre con las Lunas, y jugando con los ciclos vegetativos de las 17 variedades que de momento trabajo, muy poca poda en Enero y dejando el grueso de las mismas para Febrero y Marzo, tratando de llegar a la floración con un tiempo climático suave y con buena luz. Necesito arrancar con cosechas probables después de la floración de por lo menos 5000 kg por hectárea, para que en la época de rebajas , sean rebajas y no liquidaciones, y poder quedar cerca de los 4000 kg hect. Pero todo iba mas o menos bien,  muy justo pero controlado, hasta que llegaron los últimos días de Febrero con temperaturas en  las tardes por encima de los 25º c . Me entraron las prisas, veía día a día como hinchaban las yemas, y la mitad de la poda sin hacer. Entonces toco correr, pero felizmente como dice André, todo foi direitiño, ayer mismo acabe de atar, ya puedo pensar en empezar a cortar la hierba y hacer los trabajos de suelo.

 Firvidelas lista, agora esperar a que as cepas agromen (broten)



Da gusto ver tanta bicheria polas viñas, o malo e que os molestamos.

   Silveiriña no Fexaco, a verdade solo se  ven herbas, pero  se non as roubaron ei as están.

Socalco de Brancellao na Canda, eiqui cortei hoxe a herba

               
              Carabuñeira tamén noutro dos 5 socalcos da Canda.

                                            Caos, precioso.


E tempo de ir preparando algunhas das extraccións hidroalcohólicas, salgueiro(sauce) e allo( ajo)






                             Val de San Amaro, Campo Redondo