domingo, 14 de diciembre de 2014

Medrando (devagarciño)




Atrás xa queda a colleita 2014, duro ano, moi duro , e non hai mellor cousa para recuperar os ánimos, e as forzas, que ir visualizando proxectos  novos , ir xa bebendo na imaxinación os jrandes viños que han saír deses pequeñinos socalcos que nalgúns casos imos  recuperar e plantar noutros. Non o nego, son zoas como outras que xa traballo, duras, exixentes , todas as labores da viña teñen que ser feitas a man, con moito ríspeto e delicadeza, son fráxiles, mais son tamén cautivadoras, eiquí  e onde topamos o non limite do Ribeiro, eiquí topamos a verdade, que a Natureza non ten limite, o limite poñémolo nos.

                                             O CURRO


Os Vidueiros, zoa situada no Val de San Amaro, na mesma ladeira que Campo Redondo , pero nun dos pleques mais escarpados da mesma, idéntica orientación sur, chan  xa non de aluvión do Coto de Novelle(Campo Redondo)se non  granítico pero con moito contido en arxilas, o que o fai idóneo para castes de ciclo moi longo e que necesiten boa insolación. Nestes socalcos temos cepas moi vellas, vellísimas, case cadáveres retorcidas polo paso do tempo, mais unha grande maioría cuns pes e superficie radicular en perfecto estado. Na Primavera faremos unha reenxerta nestes 3 socalcos, seguiremos a recuperar o Verdello Antigo(caste branca) nun dos socalcos e nos outros poñeremos púas de Caíño Longo e maís Espadeiro do Ribeiro, tintas( o mestre Paco Rego non para de atopar vellas castes, i eu a enxertalas). Xa despois da  vendima  Adolfo e maís eu puxemos nestas viñas preparados de Ortiga, Consolda , Maria Thun e 500 para axudar a subir  a vitalidade destes chans pobres, pero nestas últimas semanas puxemos tamén toxo , fixen un acolchado para buscar durante o ano que ven un bo aporte de nitróxeno e carbono, fundamental para que a enxerta e posterior crecemento sexan óptimos.


OS VIDUEIROS



O Curro socalcos abandonados xa fai moito tempo , e que neste final de Verán recuperei  facendo desbroces e agora traballos no chan. Van ser dúas pezas máis nas que ei plantar portaenxertos, nos que logo se inxertara Brancellao.


       Levando toxo para os socalcos novos e tamén os vellos do Curro 
 
O Fexaco , tres pequeniños bancais de chan pedregoso, coio , xisto, moi interesante,situados entre a Tinta Amarela e o Caíño Bravo que reenxertamos o pasado Abril, ei por tamén portaenxertos para logo enxertar Espadeiro do Ribeiro. 
O SETE, PEQUENOS SOCALCOS NO FEXACO


 Atrás queda ya la cosecha 2014, duro año , muy duro, y no existe mejor manera de recuperar ánimos y fuerzas, que visualizar y crear proyectos nuevos, ir bebiendo en la imaginación los grandes vinos que pueden salir de esos pequeñitos bancales, que en algunos casos vamos a recuperar y plantar en otros. No lo niego, son zonas como otras que trabajo, duras, exigentes, todos los trabajos de la viña tienen que ser hechos a mano, con mucho respeto y delicadeza, son frágiles, pero también cautivadoras, aquí es donde nos encontramos con el no limite del Ribeiro,  aquí vemos la verdad, que la Naturaleza no tiene límite, el limite lo ponemos nosotros.
 
SUBINDO TOXO PARA OS VIDUEIROS

Os Vidueiros, zona situada en el Valle de San Amaro, en la misma ladera que Campo Redondo, pero en uno de sus plieques mas escarpados, idéntica orientación sur, suelo ya no de aluvión del Coto de Novelle, si no que granítico con mucho contenido en arcilla, ideal para  variedades de ciclo muy largo y que necesiten buena insolación. En estos bancales tenemos cepas viejas, viejísimas, casi cadáveres retorcidos por el paso del tiempo, mas una gran mayoría de ellas con unos pies y superficie radicular perfectos. En la Primavera haremos una nueva reinjerta en estos tres bancales, en uno de ellos seguiremos recuperando el Verdello Antiguo (blanca) en los otros dos Caíño Longo y Espadeiro do Ribeiro (tintas, el profesor Paco Rego no para de recuperar variedades antiguas, y yo a injertarlas). Después de la vendimia en estas viñas Adolfo y yo pusimos preparados de Ortiga , Consuelda, Maria thun y 500 para ayudar a subir la vitalidad de estos suelos muy pobres, pero en estas últimas semanas, puse en ellas acolchados de toxo (tojo) buscando un buen aporte de nitrógeno y carbono que le va a venir muy bien a la injerta y posterior desarrollo de la cepa.
 
OS VIDUEIROS

O Curro, viñas abandonadas hace muchos años, y que en este final de Verano recupere, desbrozando la maleza y trabajando el suelo ahora. Van a ser dos nuevas viñas en las que plantaremos portainjertos  en los que posteriormente injertaremos Brancellao.
 
NOVOS SOCALCOS NO CURRO

O Fexaco  ,tres pequeñitos bancales de suelo pedregoso, coios, xistos, muy interesante, situados entre las viñas de Tinta Amarela y Caíño Bravo que reinjertamos en Abril, voy a poner también portainjertos para luego injertar  Espadeiro do Ribeiro.

.

 O SETE, PEQUENOS SOCALCOS NO FEXACO